APEHL

Novas

Novas medidas no DOG para a transición a unha nova normalidade

Publicada unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo de 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Resolución

A Apehl pon en marcha a organización do XVI Concurso de Tapas de Lugo

26.06.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou esta mañá que comezou a posta en marcha da organización da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo.

Poderán concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) e terá lugar, como vén sendo habitual, no mes de setembro.

“A pesar da situación ocasionada polo coronavirus, é momento ...

Ampliación de horario nos locais do Concello de Lugo asociados á Apehl durante o Arde Lucus

25.06.2020. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados do Concello de Lugo, que non teñan prohibida a súa actividade pola situación epidemiolóxica existente e sempre respectando as medidas de seguridade propostas polas autoridades sanitarias, para as noites do 25 ao ...

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl durante a noite de San Xoan

22.06.2020. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta para a noite do martes 23 de xuño ao mércores 24 de xuño, con motivo da celebración da noite de San Xoan.

A autorización poderá aplicarse en todos os concellos ...

Nace a Asociación Provincial Cociñeiros Lugo integrada por 17 profesionais da provincia

As oficinas centrais da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) en Lugo acolleron esta mañá a presentación da Asociación Provincial Cociñeiros Lugo, unha entidade sen ánimo de lucro formada por 17 cociñeiros profesionais da provincia que nace para pór en valor os nosos produtos, coidar ao máximo a cociña tradicional e creativa e defender e promocionar a nosa cultura gastronómica.

No acto estiveron presentes Bruno Pena, Felipe Fernández, Diego López, Santi Almuíña, Jorge García, Mar ...

Os locais de ocio nocturno non poderán abrir en Galicia durante a Fase 3

09.06.2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte luns 8 de xuño dispón que durante a fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade permanecerán pechados, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os locais de dis­cotecas e establecementos de lecer nocturno.

DOG

A Apehl pide o cumprimento estrito dos horarios de peche a todos os establecementos de hostalería

08.06.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lembran a todos os hostaleiros da provincia que deben cumprir estritamente cos horarios de peche dos establecementos.

"O mantemento das medidas flexibles para a ampliación das terrazas, que nos brindan os concellos, depende de todos nós e debemos ser responsables. Non podemos esquecer que seguimos en alerta sanitaria e temos que ser os primeiros en cumprir e facer cumprir aos nosos clientes coas normas básicas de ...

#SoyPatrimonio2020, una iniciativa para conseguir que bares y restaurantes sean declarados Patrimonio de la Humanidad

  • Máis de 150 chefs, músicos, deportistas, actores, xornalistas e artistas sumáronse xa á campaña
  • Pódese votar en www.soypatrimonio2020.org

08.06.2020. Hostelería de España, entidade á que pertence a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), AECOC e FIAB, organizacións que representan á cadea de valor da hostalería, puxeron en marcha a través da Plataforma Juntos por la Hostelería a campaña #SoyPatrimonio2020 na que postulan á hostalería de España como candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade 2020.

O ...

A normativa da Fase 3, no BOE

08.06.2020. Compartimos o BOE coa normativa para a Fase 3 que comezamos hoxe en Galicia.

BOE 6 de xuño de 2020