APEHL

Novas

Listaxe de reivindicacións do sector da hostalería para mitigar as consecuencias provocadas pola crise do coronavirus Covid-19

15.04.2020. A continuación, preséntase a listaxe das reivindicacións que se elevaron desde Hostelería de España, a petición propia e das súas asociacións confederadas, aos distintos estamentos, co fin de axudar ao sector da restauración e por tanto á economía española, para mitigar os efectos sanitarios, sociais e económicos provocados pola pandemia do COVID-19. Todas as medidas propostas teñen como único obxectivo salvar o maior número posible de empresas e de postos de traballo, así como que se volva á normalidade ...

Propuestas da Apehl ao Gobierno Central, Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Lugo e aos 67 Concellos da provincia de Lugo

13.04.2020.

Disposicións xa aprobadas que debesen ser obxecto de revisión

Disposición que se considera inapropiada

Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19

Disposición adicional sexta. Salvagarda do emprego.

As medidas extraordinarias no ámbito laboral previstas no presente real decreto-lei estarán suxeitas ao compromiso da empresa de manter o emprego durante o prazo de seis meses desde a data de continuación da actividade.

O contido desta disposición ...

Estimada unha caída da facturación anual dos negocios hostaleiros de ata un 40 %

08.04.2020. O sector hostaleiro estima que a caída da facturación anual dos seus negocios, como consecuencia da crise do coronavirus, podería situarse ao redor dun 30 ou un 40 %. Esta é unha das conclusións da enquisa que realizou Hostelería de España, a patronal do sector na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

Desde a Apehl, con estes datos, revelan que “o 87,67 % dos hostaleiros cualifican de peores as vendas ...

Morre Ángel López-Leytón, fundador da Apehl

08.04.2020. Ángel López-Leytón faleceu onte aos 75 anos de idade, deixando un enorme baleiro na hostalería, non só pola súa gran valía como empresario, senón, sobre todo, polos seus moitos valores como persoa e amigo. Ángel foi socio fundador da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), un gran entusiasta da súa profesión e pioneiro no desenvolvemento turístico, non só da Mariña, senón de toda a provincia de Lugo.

Déixanos un bo profesional e unha baa persoa.

Sempre recordaremos ao amigo e gran compañeiro.

Foto: Pepa ...

Bartalent Lab renóvase para seguir inspirando aos profesionais da hostalería

06.04.2020. A plataforma de formación e información Bartalent Lab para hostalería, impulsada por Coca-Cola European Partners Iberia e creada para ofrecer formación e contidos a profesionais do sector da hostalería, reconverteuse, baixo o concepto #JuntosporlaHostelería, para contribuír a preparar a volta á actividade deste sector unha vez superemos a emerxencia sanitaria.

Por este motivo, a partir desta semana, Bartalent Lab adáptase e comeza a ofrecer novos contidos gratuítos, formativos e motivacionais, actualizados e relevantes, en formatos accesibles e inmediatos, por ...

Resumo das medidas urxentes publicadas no BOE

01.04.2020. Compartimos un resumo das medidas máis importante do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

AUTÓNOMOS

A moratoria no pago de cotizacións de 6 meses para autónomos e pemes non se trata dunha exoneración, senón dun adiamento do pago.

A moratoria nos casos que sexa concedida afectará o pago das súas cotizacións á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, cuxo ...

A Apehl pide que se cancelen os pagos dos seguros sociais, as cotas de autónomos e os alquileres durante o estado de alarma

01.04.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) considera totalmente insuficientes as medidas económicas aprobadas polo Goberno do Estado no día de onte ante a situación de incerteza que viven as pequenas e medianas empresas de hostalería, que afrontan o peche dos seus negocios, un futuro económico incerto e unha inestabilidade laboral para os autónomos e os seus traballadores.

Desde Apehl consideramos que, ante a situación actual, non é admisible que se cargue ás pemes ...

A Apehl reclama a suspensión dos pagos relativos aos dereitos da propiedade intelectual e os alugueres

31.03.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) continúa traballando cada día para manter a todos os seus asociados informados puntualmente sobre todas as medidas adoptadas polo Goberno e as demandas realizadas en colaboración e coordinación coas patronais de restauración (Confederación Empresarial Hostelería de España, CEHE) e de aloxamento (Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos, CEHAT) para que as consecuencias económicas desta crise sanitaria pola que estamos a pasar sexan o máis liviás posible. ...

A Ribeira Sacra será candidata a Patrimonio Mundial da Unesco en 2021, unha boa nova para o sector turístico e hostaleiro

30.03.2020. A candidatura da Ribeira Sacra logra finalmente dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45.ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante 2021. Así lle foi notificado pola UNESCO á Xunta de Galicia.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) congratúlase desta boa nova e afirma que “isto ...

A Apehl traslada ao Executivo a dificultade de aplicación do Real Decreto-Lei de medidas urxentes extraordinarias fronte ao COVID-19 e reclama novas m

25.03.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en coordinación coa Confederación de Empresarios de Hostelería de España, organización empresarial que representa aos restaurantes, bares, cafetarías e pubs do país, trasladou ao Executivo a preocupación do sector ante as dificultades que están a ter os hostaleiros á hora de aplicar o Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, aprobado polo Goberno para facer fronte á crise do coronavirus, e reclamou a ampliación de medidas anunciadas ...