APEHL

Novas

Case un 93 % de ocupación hoteleira na provincia durante a ponte do 1 de maio

02.05.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos que se rexistraron sobre ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante a ponte de maio, os cales indican que aumentou con respecto a Semana Santa.

A media total da provincia foi dun 92,66 %, cifra que supera á que houbo en Semana Santa, dun 90,33 %. A zona con maior número de visitantes foi a Ribeira Sacra, cunha media do 99 %. A Mariña ...

Gran parte dos Concellos permiten a ampliación de horario de peche en dúas horas máis durante os festivos de maio para os asociados da Apehl

28.04.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse aos Concellos da provincia para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para os seus establecementos asociados en torno aos festivos deste mes de maio.

A asociación recibiu a autorización para esta ampliación as noites do 29 ao 30 de abril, do 30 de abril ao 1 de maio, e a noite do 16 ao 17 de maio por parte de ...

A Apehl prepara unha nova edición temática do Cume Tapas centrada no cine

25.04.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organiza actualmente unha nova edición do concurso de tapas de Monforte, Cume Tapas.

Desde a asociación apostan de novo por un concurso temático que, nesta ocasión, estará centrado no cine e en facer unha homenaxe á cultura, baixo o nome de Cume Tapas de Cine.

O evento celebrarase do 25 de maio ao 4 de xuño, unicamente os xoves, venres, sábados e ...

A Asociación Española contra o Cancro imparte un curso de cosmética natural nas instalacións da Apehl

20.04.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) colabora coa delegación da Asociación Española contra o Cancro en Monforte de Lemos ao ofrecer un curso de cosmética natural nas instalacións da delegación da zona sur da Apehl, indicado para enfermos de cancro e centrado tanto no tratamento como na prevención da enfermidade.

María Balado, experta no tema, é a encargada de impartir o curso, que terá lugar cada mércores de 17:00 ...

Os hostaleiros de Lugo volven celebrar a súa gala provincial en Vilalba

17.04.2023. Tras tres anos sen reunirse, como viña sendo habitual, por culpa da pandemia, o encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), volveu celebrarse esta noite no hotel Spa Attica 21 de Vilalba.

Durante a gala, que comezou ás 21:00 horas, fíxose entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, homenaxeando así a traxectoria de María Luisa Rey e Jesús Pena, de A Nosa ...

A Apehl retoma a súa gala provincial da hostalería lucense

13.04.2023. O encontro do gremio dos hostaleiros da provincia de Lugo volve este luns día 17 de abril tras varios anos de parón debido á pandemia. O acto celebrarase no hotel Spa Attica 21 de Vilalba.

Durante esta gala anual, que dará comezo ás 21:00 horas, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fará entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns, destinados este ano a María Luisa Rey e Jesús Pena, do establecemento A ...

Alta ocupación hoteleira durante esta Semana Santa en toda Galicia

10.04.2023. A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, informa dos datos de ocupación real destes días de Semana Santa na comunidade galega.

Na Coruña a media rexistrada durante os festivos de Semana Santa foi do 85 %, chegando nalgúns establecementos ao 90-95 %.

Na provincia de Lugo a media chegou ao 90 %, cunha ocupación media na zona sur (Ribeira Sacra) ...

A provincia de Lugo consegue unha alta ocupación hoteleira nesta Semana Santa

10.04.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos rexistrados da ocupación hoteleira na provincia durante Semana Santa, os cales revelan que xa se recuperan as cifras de 2019, previas á pandemia.

A Ribeira Sacra foi a zona con maior número de visitantes, cunha media do 98 %. Destacou especialmente nesta comarca Monforte de Lemos, ao celebrar a súa Feira Medieval. A Mariña tivo unha ocupación media do 89 %. A cidade de ...

Xa temos o número premiado coa cesta de produtos de porco entre as rifas do Estase Cocendo 2023

03.04.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica o número agraciado co premio dunha cesta de produtos de porco da Asociación Prodeme no Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo.

O número de referencia para comprobar a rifa gañadora é o 00.813, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 1 de abril. A papeleta premiada debe ter as catro últimas cifras iguais ás deste número.

A persoa ...

Case todos os Concellos autorizan a ampliación de dúas horas no horario de peche para os asociados da Apehl por Semana Santa

31.03.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante esta Semana Santa.

A asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 1 ao 2 de abril ata a noite do día 8 ...