APEHL

Aberto o prazo de inscrición para o taller de cociña para nenos do Congreso …E para comer, Lugo no Camiño

30.01.2020. As prazas para participar no taller de cociña para nenos que terá lugar no Congreso Gastronómico Cultural ...E para comer, Lugo no Camiño son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto.

O curso terá lugar o vindeiro 8 de febreiro e será impartido por Martín Mantilla.

Toda a información para apuntarse ao taller na web https://apehl.org/gl/e-para-comer-lugo-no-camino/ e no 982 22 69 12.