APEHL

Adega do Carlos, gañador do Cume Tapas Erótico

08.06.2022. Os seguidores do Cume Tapas Erótico outorgáronlle a vitoria á tapa “OFIGOCHORREAME” presentada polo establecemento Adega do Carlos. Así o anunciou esta mañá a delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) despois de concluír o reconto de votos na tarde de onte.

A segunda tapa máis votada foi a do MC denominada “Goza do Rabo ”, mentres que o terceiro posto foi para Confitería Moure, con “Volaván Ardente ”.

Durante o acto, tamén se fixo o sorteo de regalos e viaxes entre todos os cupóns de votación e os trípticos selados nos locais participantes. Mañá, xoves 9 de xuño, farase pública a relación de agraciados. A delegación da Apehl poñerase en contacto con todos eles a través dos teléfonos facilitados.

A entrega de premios farase efectiva nun acto que se celebrará no mes de agosto, cuxa data será anunciada debidamente chegado o momento.