APEHL

Ampliación de horario durante o Nadal nos locais asociados á Apehl

23.12.2019. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma as noites do martes 24 de decembro ao mércores 25, do venres 27 ao sábado 28 e do sábado 28 ao domingo 29 de decembro, con motivo da celebración das festas de Nadal.

Agás para o concello de Friol que non informou favorablemente a esta solicitude. Queda pendente a resolución de horario para Fin de Ano e Reis.