APEHL

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl debido á ponte de San Xoán

23.06.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites desta ponte de San Xoán, desde a noite do día 23 ao 24 de xuño ata a noite do 25 ao día 26 de xuño (incluída) por parte de todos os Concellos da provincia de Lugo, a excepción dos seguintes concellos e coas peculiaridades que se expoñen a continuación:

Ampliación dunha hora: Abadín, Portomarín e Viveiro.

Concello de Burela: autoriza unha hora máis as actividades de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías, bares) e pubs.

Concello de Cervo: autoriza dúas horas as noites do 23 ao 24 de xuño e as noites do sábado 27 e do domingo 28.

Concello de Quiroga: autoriza dúas horas os días 24, 25 e 26 de xuño.

Non enviaron autorización, e polo tanto os establecementos non poderán aumentar o seu horario de peche, os seguintes concellos: Carballedo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, Guitiriz, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, Pol, Trabada e O Vicedo.