APEHL

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl debido á ponte das Letras Galegas

13.05.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 13 ao 14 de maio ata a noite do 16 ao día 17 de maio (incluída) por parte de todos os Concellos da provincia de Lugo, a excepción dos seguintes concellos e coas peculiaridades que se expoñen a continuación:

Ampliación dunha hora: Abadín e Portomarín

Concello de Viveiro: autoriza unha hora máis, só as seguintes noites: do 14 ao 15 de maio e do 16 ao 17 de maio.

Concello de Cervo: autoriza dúas horas as noites do luns 16 e do martes 17 de maio.

Concello de Lugo: autoriza dúas horas a noite do 16 ao 17 de maio.

Concello de Quiroga: autoriza dúas horas os días 15 e 17 de maio.

Non enviaron autorización, e polo tanto os establecementos non poderán aumentar o seu horario de peche, os seguintes concellos: Burela, Carballedo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, Guitiriz, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, Pol, Ribeira de Piquín, Trabada e Vicedo.