APEHL

Ampliación de horario para a véspera e a noite de Reis

03.01.2020. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza:

  • Ampliación dunha hora sobre o horario de peche habitual (de acordo á respectiva licenza municipal) nos establecementos membros da APEHL de todos os concellos da provincia de Lugo –a excepción dos pertencentes a Burela e Muras, que non emitiron informe favorable– para a noite do 4 ao 5 de xaneiro, debido á celebración da véspera da noite de Reis.

 

  • Ampliación de tres horas sobre o horario de peche habitual (de acordo á respectiva licenza municipal) nos establecementos membros da APEHL de todos os concellos da provincia de Lugo –a excepción dos pertencentes a Burela e Muras, que non emitiron informe favorable– para a noite do 5 ao 6 de xaneiro, a noite de Reis. En todo caso, o horario máximo de peche dos locais non poderá superar as 08.00 horas da mañá do 6 de xaneiro.