APEHL

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl durante a noite de San Xoan

22.06.2020. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta para a noite do martes 23 de xuño ao mércores 24 de xuño, con motivo da celebración da noite de San Xoan.

A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, excepto nos concellos de Negueira de Muñiz, Xove e Ribadeo, que non emitiron informe favorable.