APEHL

Charla da Policía Nacional de Monforte de Lemos co sector hostaleiro

13.10.2021. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) convoca aos hostaleiros da cidade a asistir a unha charla que ofrecerá a Policía Nacional para informar da problemática que está a sufrir o sector en canto a roubos, pelexas e demais altercados, que afectan sobre todo ao lecer nocturno.

Tamén informarán de necesidades e inquietudes do colectivo en xeral. É por iso que a delegación de Apehl convida a todos os hostaleiros a participar.

O acto terá lugar mañá xoves 14 de outubro, ás 17:30 h, nas instalacións da delegación de Apehl, en Monforte de Lemos (c/Zapaterías, s/n. Torreón do cárcere vello).