APEHL

Cheché Real e outros integrantes de Hostelería de España reúnense en Santander

13.09.2022. Invitados pola Asociación de Hostelería de Cantabria, esta mañá celebrouse en Santander o comité executivo da Confederación Empresarial de Hostelería de España.

Con posterioridade á reunión dos membros do comité executivo, o presidente de Hostalería de Galicia, Cheché Real, participou nun encontro co presidente de Cantabria, D. Miguel Ángel Revilla; o conselleiro de Turismo de dita comunidade, D. Francisco Javier López Marcano; o presidente de Hostelería de España, José Luis Yzuel; o presidente da asociación provincial de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete, e o presidente de Hostalería de Cantabria, Ángel Cuevas.

A estas personalidades destacadas acompañáronlles outros membros das diferentes asociación integrantes de Hostelería de España.