APEHL

Peche graduado dos aloxamentos turísticos

A patronal nacional de aloxamento (CEHAT), confederación na que Apehl está integrada, conseguiu un peche ordenado e graduado dos aloxamentos turísticos.

20.03.2020. Achegamos a orde publicada en el BOE na que se establece a suspensión de apertura ao público de todos os hoteis e aloxamentos similares, aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de curta estancia, cámpings, aparcadoiros de caravanas e outros establecementos similares, situados en calquera parte do territorio nacional. Con carácter excepcional, queda permitida a prestación dos servizos de vixilancia, seguridade e mantemento nestes establecementos.

O peche producirase no momento en que o establecemento non dispoña de clientes aos que deba atender e, en todo caso, no prazo máximo de sete días naturais desde o día 19 de marzo de 2020.

Só se permitirá manter abertos os establecementos de aloxamento turístico de longa estancia e de tempada, sempre que os ocupantes conten coas infraestruturas (Cociña, Baño), nas súas propias habitacións, para poder levar a cabo as actividades de primeira necesidade nos termos que establece o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma.