APEHL

Concienciar sobre o consumo responsable de alcohol, obxectivo da campaña A Túa Saúde

29.08.2023. A concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, dirixida por Jorge Bustos, está a desenvolver desde hai tempo varias iniciativas no marco de a campaña "A túa saúde", na que colaboramos desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.

O seu único obxectivo é concienciar e sensibilizar á poboación (en especial entre os mozos) sobre a importancia do consumo responsable de alcol. Para iso, transmítese á mocidade información para que coñezan os riscos do consumo desta substancia e as súas consecuencias negativas na saúde a curto e longo prazo.

Os hostaleiros que estean interesados en colaborar con esta campaña como "local comprometido coa dispensación responsable do alcol" deben comunicalo á Asociación e recibirán, ademais dun distintivo de local colaborador, carteis e posavasos con información sobre educación e prevención.

Máis información