APEHL

Consideramos insuficientes as medidas económicas anunciadas polo Goberno para paliar os efectos do coronavirus

COMUNICADO DE HOSTELERÍA DE ESPAÑA, PATRONAL NA QUE APEHL ESTÁ INTEGRADA

Desde Hostelería de España consideramos insuficientes as medidas económicas anunciadas polo Goberno para paliar os efectos do coronavirus

  • Solicitamos medidas de tipo fiscal e administrativo con carácter de urxencia para facilitar a subsistencia dos negocios hostaleiros
  • Pese a que a flexibilización dos ERTES e o anuncio da garantía de liquidez das empresas por parte do Goberno axudarán ao texido empresarial, fanse necesarias máis medidas

18.03.2020. En Hostelería de España somos conscientes da delicada situación pola que está a atravesar o país, co consecuente efecto negativo que a pandemia do coronavirus está a ter no tecido empresarial. En liña co noso compromiso coa sociedade e como sector fundamental na nosa cultura e forma de relacionarnos, punto de encontro e socialización, factores que sen dúbida recuperaremos co esforzo de todos, apelamos á sensibilidade e responsabilidade do Goberno para paliar ao máximo os efectos tan devastadores que esta crise está a ocasionar.

Por iso, desde Hostelería de España consideramos insuficiente o paquete de medidas económicas anunciadas polo presidente do Goberno para paliar os efectos do coronavirus. Recoñecemos o esforzo do Goberno de España para frear os efectos económicos desta pandemia ao mobilizar ata 200.000 millóns de euros. Ademais, cremos que medidas como a flexibilización dos ERTES e as destinadas a garantir a liquidez das empresas axudarán, sen dúbida, ao conxunto do tecido empresarial. Con todo, faise necesario adoptar máis medidas para evitar a quebra dos máis de 300.000 negocios hostaleiros que temos no noso país.

O 95% dos negocios hostaleiros teñen menos de dez empregados en persoal e deles o 45 % non conta con traballadores, polo que unha elevada porcentaxe destes negocios depende exclusivamente dos autónomos. Tendo en conta o prexuízo que está a ocasionar a crise do coronavirus aos autónomos do noso sector, consideramos necesaria a suspensión da cotización dos autónomos de hostalería.

Ademais, reivindicamos a suspensión de calquera obrigación de pago dos establecementos hostaleiros ás administracións, como son o pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e resto de impostos municipais como poden ser os impostos das terrazas. Por iso, estendemos as nosas reivindicacións a outros ámbitos administrativos, como os Concellos e as comunidades autónomas, quen teñen competencia directa neste tipo de impostos.

Tamén se fai necesaria a supresión de todas as taxas e impostos en todas as subministracións de enerxía. Doutra banda, para evitar a desaparición dos negocios, é necesaria a renegociación de pólizas e un financiamento bancario con maior flexibilidade.

Así mesmo, solicitamos a suspensión das obrigacións económicas dos establecementos hostaleiros cos arrendadores dos seus negocios, posto que estes non están no seu normal funcionamento, tal e como xa anunciou o presidente francés que fará no seu país.

En Hostelería de España apelamos unha vez máis á sensibilidade do Goberno español e pedimos que teña en conta a situación á que se enfrontan os negocios hostaleiros españois, os cales dan emprego a máis de 1,2 millóns de traballadores no conxunto do sector da restauración.