APEHL

Continúan vixentes as medidas anti-covid-19 no concello de Lugo

08.10.2020. O DOG Núm. 203 bis dispón o mantemento das medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica no concello de Lugo.

  • 50 % de aforamento no interior do local
  • Non está permitido o consumo en barra
  • Aforamento en terrazas do 75 % das mesas
  • Os titulares dos establecementos deberán garantir o cumprimento da obrigatoriedade do uso da máscara.
  • No caso de celebracións como bodas e comunións non poderán superar o 50 % do aforamento do salón de banquetes, nin o máximo de 50 persoas para lugares cerrados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre.