APEHL

Convocados os premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense 2021

08.06.2021. A Deputación de Lugo vén de convocar os premios 'Lugo cambia ao Turismo Lucense'  e '…E para comer, Lugo á gastronomía lucense' para a anualidade 2021.

Poden presentar candidatura todas as persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das dúas modalidades destes premios. Os galardóns, con carácter honorífico, consistirán  nun diploma acreditativo e nun agasallo. 

Só poderá presentarse candidatura baixo unha das dúas modalidades contempladas nas bases.

O prazo para presentar as candidaturas remata o 2 de xullo de 2021 e faranse a través da sede electrónica da Deputación de Lugo.

Para máis información