APEHL

Convocatoria para os beneficiarios da tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Estimados/as asociados/as,

Onte publicouse no DOG a convocatoria para os beneficiarios da tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia, acción enmarcada no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico impulsado pola Xunta de Galicia fronte aos efectos derivados da COVID-19, dentro da medida 32 “Bono para o consumo de produtos turísticos”.

Neste sentido, lembrámoslles que para que un aloxamento ou axencia de viaxe dada de alta no REAT poda participar, debe realizar o proceso de adhesión e publicar oferta.

No seguinte enlace podes ver toda a información sobre o Bono Turístico  https://www.turismo.gal/quedamosengalicia/inicio?langId=es_ES