APEHL

Curso Establecemento de Confianza do Plan de Apoio á Hostalería de Lugo

18.05.2020. O Concello de Lugo, coa colaboración de a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), puxo en marcha un plan para apoiar á hostalería local formando ao seu persoal e propietarios para obter o Diploma de Establecemento de Confianza.

A formación en modalidade on-line de 20 horas de duración está tutorizada por unha médico especialista en epidemias, que forma na prevención da covid-19; unha psicóloga, para aprender habilidades de xestión  emocional, e unha doutora en Comunicación, para saber o que o establecemento debe de transmitir aos clientes

Os asistentes han de ser empregados, traballadores da empresa, aínda que estean en ERTE, autónomos ou propietarios de establecementos, que recibirirán un diploma de asistencia e formación, ademais do que recibe personalizado o establecemento.

As inscricións efectúanse a través da ligazón seguinte: https://noainnova.com/lugo-seguro/

O curso iníciase o luns día 25 de maio.