APEHL

O Arde Lucus consolídase como festa de referencia a nivel nacional e mira xa cara ao recoñecemento internacional

13.06.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus.

A ocupación nos establecementos do centro da cidade chegou ao 75 % durante o venres e alcanzou o 95 % o sábado. A media da fin de semana rondou así o 85 %.

Algún establecementos colgaron o cartel de completo e os aloxamentos das zonas limítrofes da cidade tamén viron incrementada a súa ocupación grazas ao evento.

O presidente da  Apehl, Cheché Real, recoñeceu "a consolidación desta festa como referencia no inicio da época estival” e agradeceu a implicación das asociacións culturais e de recreación histórica o seu labor “para que o evento sexa tan atractivo” e tamén das administracións que están loitando polo seu recoñecemento a nivel internacional. Real engadiu que “a hostalería de Lugo é unha das máis beneficiadas co éxito desta festa”.