APEHL

O sábado 25 de marzo, Cocido das Meigas en Monforte

13.03.2023. A Ribeira Sacra continúa en plena celebración do Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo e organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl). As Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra están dedicadas a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento conta para o sábado 25 de marzo co Cocido das Meigas. Este ano haberá novas actividades, unha delas unha comida, que será no Parador de Monforte ás 14:30 horas cun custo de 27 € por persoa. Posteriormente, a praza de España será o lugar de celebración do concurso e de encontro das meigas, que se reunirán ás 19:30 h acompañadas de batucada ata o parque dos Condes.

Todas aquelas persoas que queiran acudir deberán facer a súa reserva previa a través do número 982 412 050. A data límite para inscribirse é o mércores día 22 de marzo. É necesario ir ataviado coa vestimenta adecuada ao evento. 

A maiores, nesta edición organizamos para os máis pequenos un taller de maquillaxe infantil totalmente gratuíto impartido por María Jesús Cao. A idade máxima para participar é de 12 años e a actividade será ese mesmo día no Centro do Viño da Ribeira Sacra, de 18:00 a 19:30 horas.