APEHL

O XV Estase Cocendo prepárase para unha nova visita guiada este sábado

15.03.2023. A Ribeira Sacra segue celebrando estas semanas o Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo e organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl). As Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra están dedicadas a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa deste ano inclúe visitas guiadas por Monforte de Lemos cada sábado do mes. Así, o próximo día 18, os asistentes poderán gozar desta actividade, que comezará ás 11:00 h e que inclúe unha degustación de viño DO Ribeira Sacra nas instalacións da delegación zona sur da Apehl, xentileza das bodegas Val Do Frade e Sta. María de Nogueira.

Todos os que estean interesados en participar nesta nova visita guiada, poderán facelo de forma totalmente gratuíta a través dos teléfonos 982 412 050 e 676 101 649.