APEHL

Aberto o prazo para inscribirse ao XVII Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar en novembro

  • Os establecementos que queiran participar poderán efectuar la inscripción ao concurso ata o día 15 de setembro. 

01.09.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organiza, un ano máis, o Concurso de Tapas de Lugo, que cumple xa dezasete edicións. 

O evento, patrocinado polo Concello de Lugo, celebrarase entre o 4 e o 20 de novembro e serán os consumidores quen valorarán as tapas dos diferentes establecementos participantes. Así, este xurado popular elixirá os doce finalistas.

A final celebrarase os días 25, 26 e 27 de novembro e, nela, os doce finalistas serán valorados por un xurado técnico, formado por profesionais do sector, que outorgarán varios galardóns: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio e as posibles maridaxes.

Pódense formalizar as inscricións ao concurso a través do correo electrónico: comunicacion@apehl.org. Débense enviar correctamente a ficha de inscrición, a ficha técnica da tapa, o xustificante do ingreso de cota de inscrición e unha fotografía da tapa.

Para máis información poden chamar ao teléfono da Apehl: 982 226 912, en horario de 9:00 a 14:00 h. 

Bases do concurso

Ficha de inscrición