APEHL

Elixidos polo público os 12 finalistas do XVI Concurso de Tapas de Lugo

23.11.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo:

A Paparota, Anda, El Boni, El Dotmas Bar, España, Manuel Manuel, Mesón Colón, O Castor, O Cincuenta e Seis, Paprica, Pulpería O Castelo e San Marcos Café.

Esta vindeira fin de semana, dende o venres 26 ata o domingo 28 de novembro, estes 12 establecementos volverán ofrecer as súas tapas ao público e nesta fase será un xurado técnico o encargado de percorrer os doce locais para avaliar e outorgar un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ademais das maridaxes con cervexa Estrella Galicia e con viño da Ribeira Sacra.