APEHL

Aberto o prazo de inscrición para o Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo

08.11.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que comenza este próximo luns. Os días nos que se impartirá son o 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro. 

Cun total de 40 viños internacionais, 50 horas formativas e unha viaxe a Ribeira Sacra, o curso terá lugar no Parador de Ribadeo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h. 

As inscricións son totalmente gratuítas e poden formalizarse facendo clic aquí e cubrindo o cuestionario ou poñéndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 226 912.

Programa completo