APEHL

Entregado o chegue regalo co porco de 100 kg do XIV Estase Cocendo

05.05.2022. A delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) entregou esta tarde o chegue agasallo co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) á persoa agraciada, Marisa, natural de Monforte.

No acto estiveron presentes Beatriz Vila, delegada da zona sur de Apehl; Julio Cortiñas, xerente da Asociación Prodeme, que cedeu o porco, e Sonia Varela, propietaria de Dos Pies, establecemento que entregou a rifa co número premiado.