APEHL

Este xoves, 2 de xuño, xornada sobre a diversidade de xénero en Monforte

31.05.2022. Monforte de Lemos encóntrase en plena celebración do Cume Tapas Erótico, dedicado  ao amor e á diversidade de xénero.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son un concerto de Andrés Montes (5 de xuño) e unha charla sobre a diversidade de xénero (2 de xuño).

A xornada, que leva por título E se falamos de laranxas? Amor romántico, diversidade e liberdade, terá lugar este xoves, 2 de xuño, ás 20:15 h, no Ateneo Casino, de Monforte de Lemos. Será impartida por Verónica Ledo e Natalia González, da cooperativa galega Educalecrín.

Máis información: 982 412 050