16.11.2023. Desde La Fuerza del Norte, plataforma do sector turístico constituída polas asociacións de hostalería e turismo das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, queremos felicitar á cidade de Oviedo pola proclamación como Capital Española da Gastronomía 2024 e sentímonos contentos e orgullosos por iso.
Este recoñecemento subliña a importancia da gastronomía dentro dos atractivos turísticos dun destino como é Oviedo e este concepto é denominador común para todos os territorios que formamos parte de La Fuerza del Norte.
Por iso, compartimos este recoñecemento porque enxalza unha forma común de vivir a gastronomía nas nosas cidades e nos nosos pobos, con un respecto á tradición, baseada no produto de proximidade da máxima calidade e en profesionais cunha longa e exitosa traxectoria e desde a que se constrúen novas formulacións gastronómicas.
Todo iso forma parte da esencia de todos os que estamos integrados en La Fuerza del Norte e constitúe parte esencial da nosa identidade hostaleira e turística.
A capitalidade española da gastronomía de Oviedo recoñece, en definitiva, os mesmos valores que defendemos desde as nosas respectivas asociacións e, por iso, sentímonos incumbidos nesta distinción que subliña e proxecta unha forma común de entender a gastronomía, que é un dos maiores atractivos turísticos dos nosos territorios.
Grazas a Oviedo polo seu traballo para esta consecución e moitas felicidades.