APEHL

Rematan as Catas ...E para comer, Lugo no Camiño en Lourenzá

  • O establecemento O Forno de Tovar acollerá o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o vindeiro mércores 5 de maio.

30.04.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) ten en marcha a celebración por segundo ano consecutivo do Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

Como introdución ao Congreso, están tendo lugar as Catas …E para comer, Lugo no Camiño, que son impartidas por Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, nivel 3 da Wine & Spirit Education Trust (WSET) e representante de Galicia no Campionato de España de Sumilleres ata en cinco ocasións.

Tras a celebración de dúas delas en Portomarín e Quiroga, o vindeiro mércores 5 de maio remata o ciclo en Lourenzá, no establecemento O Forno de Tovar (Pacio, 1. Santo Tomé), de 16:30 a 19:00  horas.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforo, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.

 

Máis información

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Teléfono: 982 22 69 12.

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia