28.04.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse aos Concellos da provincia para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para os seus establecementos asociados en torno aos festivos deste mes de maio.
A asociación recibiu a autorización para esta ampliación as noites do 29 ao 30 de abril, do 30 de abril ao 1 de maio, e a noite do 16 ao 17 de maio por parte de todos os Concellos da provincia de Lugo, a excepción de algúns deles e coas peculiaridades que se expoñen a continuación:
Concellos de Portomarín e Viveiro: autorizan só unha hora de ampliación.
Concello de Cervo: a maiores, tamén amplía o seu horario as noites do venres día 5 e do sábado día 6 de maio, debido á celebración da Foliada en Cervo.
Concellos de Outeiro de Rei e Pedrafita: só a noite do 16 ao 17 de maio.
Concello de Quiroga: concede o 1 e o 17 de maio.
Concellos de Mondoñedo, Ribadeo e Vilalba: a maiores, conceden tamén a noite do 28 ao 29 de abril.
Aínda non enviaron resposta á petición da Apehl os seguintes Concellos: Burela, Carballedo, Cospeito, Chantada, Guitiriz, Negueira de Muñiz, Monforte de Lemos, Ribeira de Piquín e Xove.