APEHL

Hostelería de Galicia reclama un marco xurídico que facilite a actividade da terraza dada a súa importancia económica para os establecementos

10.12.2021. Os resultados do maior estudo de terrazas realizado ata a data a nivel europeo, presentado por Hostelería de España, patronal na que está integrada Hostelería de Galicia, e levado a cabo por Cremades & Calvo-Sotelo, no que se comparan 12 cidades a nivel europeo e 19 a nivel nacional, pon en evidencia grandes diferenzas entre uns territorios e outros en canto ás normativas e regulacións das terrazas e desvelan a ausencia dunha mínima unidade de criterios. Por iso, desde o sector reclámase un marco xurídico que facilite a actividade da terraza dada a súa importancia no negocio hostaleiro.

A hostalaría que, a nivel nacional, representa máis do 6,2 % do PIB nacional e emprega a 1,7 millóns de persoas, advirte que non será ata 2023 cando se recuperen os niveis previos á pandemia. Segundo os últimos datos do INE correspondentes ao mes de outubro, o sector aínda ten 110.000 empregos menos que no mesmo mes de 2019, aos que hai que sumar máis de 60.000 traballadores en situación de ERTE.

As terrazas foron un dos fenómenos que maior expansión tiveron con motivo da covid-19 e os cambios de modelos sociais ponen de relevo que estas viñeron para quedar. Segundo un Estudo de American Express, nos peores momentos de pandemia, a terraza chegou a supor o 50,4 % das vendas totais dos establecementos.

Medidas en favor da hostalería

Entre as medidas a ter en conta no necesario apoio á recuperación do sector, Hostelería de Galicia demanda amparo legal para as novas autorizacións e ampliacións de terrazas concedidas durante a pandemia; así como a eliminación das restricións excepcionais da covid-19, como limitación dos aforamentos, a redución de horarios, e non castigar innecesariamente ao sector, con obrigacións adicionais como o control do pasaporte covid.

O estudo tamén revela que en Europa os países analizados (Alemaña, Bélxica, Croacia, Portugal, Francia, Italia, Países Baixos e Suecia) aplicaron medidas menos restritivas con motivo da pandemia e aquelas que poden favorecer aos establecementos, como a creación ou ampliación das terrazas, teñen un horizonte temporal que abarca 2022, mentres que en España algunhas cidades xa eliminaron todas as medidas excepcionais.

Por iso, desde a Confederación Empresarial de Hostelería e Turismo de Galicia (Hostelería de Galicia) consideran que as novas ordenanzas deben prever:

  • Manter as prerrogativas administrativas de ocupación de espazo público adquiridas durante a pandemia.
  • Redución das cargas burocráticas en termos de tramitación online, creación dun rexistro telemático para facilitar as consultas ou reclamacións sobre o funcionamento das terrazas.
  • Flexibilizar e mellorar a calidade normativa para adecuala a diversos contextos económicos e políticos.
  • Incluír criterios normativos marcados polas normas de liberalización dos servizos.
  • Simplificar o procedemento administrativo ao que se debe someter esta actividade económica.
  • Defender e coordinar os intereses dos colectivos concorrentes.

Aumentar as restricións na hostalería desplaza o consumo a espazos menos seguros

Aumentar as restricións á actividade de hostalería despraza o consumo a outros lugares menos adecuados, especialmente a espazos interiores privados ou a espazos exteriores desordenados. As terrazas son espazos seguros e dispoñen de medidas estritas de desinfección e limpeza para previr o risco de contaxio da covid-19.

Aínda que, o estudo realizado por Hostelería de España desvela que no período analizado moitas destas limitacións deben ir suavizándose, queda tamén patente que a única restrición que se mantivo como obligatoria é o veto de fumar en terrazas de hostalería e restauración se non pode manterse a distancia de seguridade de 2 metros, que algunhas CC. AA. levaron á prohibición total. Esta é unha medida que non foi aplicada en ningún outro país europeo.

España figura así como unha excepción no noso contexto, ao implantar e manter restricións nas terrazas descoñecidas nos países da nosa contorna, e cunha preocupante falta de coherencia na aplicación a nivel local e rexional. Unha situación que atrasa e pon en risco os retornos aos niveis prepandémicos de actividade dun sector clave para nosa economía.