APEHL

Xornada en Monforte sobre novas oportunidades empresariais

APE Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Asoaciación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), levará a cabo o vindeiro martes 10 de maio unha xornada para potenciar os negocios no rural. 

Terá lugar no Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos, en horario de 17:00 h a 18:30 h e será impartida por Eduardo García Erquiaga, director de Galicia Business School.

Todos aqueles interesados deben anotarse na web www.apegalicia.gal ou a través do teléfono 982 41 20 50, da delegación sur da Apehl.