APEHL

Juanjo Figueroa imparte a segunda Cata ...E para comer, Lugo no Camiño en Quiroga

  • O establecemento Parrillada Casa Torres acolleu o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, esta tarde.

28.04.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) ten en marcha a celebración por segundo ano consecutivo do Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

Como introdución ao Congreso, celebrouse a segunda das Catas …E para comer, Lugo no Camiño no establecemento Parrillada Casa Torres, de Quiroga. A sesión foi impartida de 16:30 a 19:00  horas por Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, nivel 3 da Wine & Spirit Education Trust (WSET) e representante de Galicia no Campionato de España de Sumilleres ata en cinco ocasións.

PRÓXIMA CATA

A última das Catas …E para comer, Lugo no Camiño celebrarase o 5 de maio, no Forno de Tovar, en Lourenzá.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, tanto no Congreso como na última das Catas, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforamento, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.

 

Máis información

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo.

Teléfono: 982 22 69 12

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia