APEHL

A Apehl acolle na súa sede de Lugo un curso sobre cultura dos viños do mundo

10.11.2021. O curso sobre cultura de viños do mundo, organziado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo, deu comezo hoxe na sede da Apehl en Lugo.

A formación desenvolverase os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h e será impartida por Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño; Paula Fraga, creadora e responsable do proxecto Octopus to the party, e Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño.

Entre as materias teóricas están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, a variedade de uva en España, as principais zonas vitivinícolas do Vello e o Novo Mundo e o inglés do viño. Como prácticas, realizaranse varias catas de viños galegos e nacionais.