APEHL

A Apehl clausurou o curso sobre cultura dos viños do mundo

30.11.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo clausurou esta tarde o curso sobre cultura de viños do mundo, organizado en colaboración coa Deputación de Lugo e que tivo lugar os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro.

Entre as materias teóricas da formación estiveron a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, a variedade de uva en España, as principais zonas vitivinícolas do Vello e o Novo Mundo e o inglés do viño. Como prácticas, realizáronse varias catas de viños galegos e nacionais.

O curso tivo lugar na sede de Apehl, en Lugo, e foi impartido por Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño; Paula Fraga, creadora e responsable do proxecto Octopus to the party, e Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño.