APEHL

A Apehl de Monforte entregará mascarillas donadas polo Concello para todos os hostaleiros

19.05.2020. Tras solicitar apoio do Concello de Monforte de Lemos para a adquisición de mascarillas para todo o sector da hostalería, a delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), con sede neste concello, recibiu un lote de 6.000 mascarillas para disposición do sector da localidade.

Dende Apehl fan público este xesto do Concello e agradecen a súa intervención para apoiar ao sector na implementación das medidas sanitarias de cara á reapertura dos locais.

Todos aqueles hostaleiros que queiran recibir estas mascarillas poderán recollelas na sede da Apehl, da rúa Zapaterías s/n, en Monforte, este xoves 21 de maio, en horario de 9:00 h a 14:00 h.