APEHL

A Apehl forma a unha vintena de retornados galegos para cubrir o déficit de traballadores en hostalería

06.11.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), como entidade adherida ao Programa Retorna Cualifica Emprego, financiado pola Xunta de Galicia, iniciou hoxe, en colaboración coa Fundación Nortempo, un curso de 50 horas no que están inscritos 20 retornados galegos, a maioría de Uruguai e Arxentina, coa intención de incorporarse ao sector da hostalería antes de que finalice o mes de novembro.

O programa ten como obxectivo facilitar o regreso de persoas galegas que están a vivir no estranxeiro co fin de poder vivir e traballar en Galicia.

Con esta formación, a Asociación pretende que “os alumnos se familiaricen coa nosa forma de traballar e poidamos minimizar o choque cultural, así como o déficit de traballadores que sofren os nosos socios”, asegura o presidente, Cheché Real.