APEHL

A Apehl participará o vindeiro luns nunha reunión convocada pola Xunta de Galicia para abordar a situación do ocio nocturno

03.02.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estará presente xunto a cinco representantes do sector do ocio nocturno nunha reunión convocada pola vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, que terá lugar o vindeiro luns 8 de febreiro.

A convocatoria ten como obxectivo debater acerca da problemática e da situación actual na que se atopan os hostaleiros do lecer nocturno.