APEHL

A Apehl presentará a XIV guía … E para comer, Lugo o vindeiro mércores en Fitur

12.01.2022. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer o vindeiro mércores na Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo cuarto, da colección de guías turístico-gastronómicas da provincia de Lugo …E para comer, Lugo.

No acto, que terá lugar a partir das 18:30 horas no stand de Galicia en Fitur, Real presentará a publicación titulada Lugo, cruce de caminos. Unha nova guía que, nesta ocasión, coincidindo co Xacobeo 21-22, viaxa polas diferentes etapas das catro rutas xacobeas oficiais que atravesan a provincia e outras rutas alternativas que permiten coñecer os lugares con máis encanto de Lugo, a natureza, o patrimonio, a cultura e a gastronomía de todos e cada un dos concellos lucenses.