APEHL

A Apehl participará o vindeiro luns nunha reunión convocada pola Xunta de Galicia para abordar a situación do sector

12.02.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, xunto cos presidentes das asociacións provinciais de hostalería de Galicia, estará presente na reunión convocada pola Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, e que terá lugar o vindeiro luns 15 de febreiro. Á mesma asistirán tamén o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

A convocatoria ten como obxectivo debater sobre a problemática e a complexa situación na que se atopan as nosas empresas.