APEHL

A Asociación Española contra o Cancro imparte un curso de cosmética natural nas instalacións da Apehl

20.04.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) colabora coa delegación da Asociación Española contra o Cancro en Monforte de Lemos ao ofrecer un curso de cosmética natural nas instalacións da delegación da zona sur da Apehl, indicado para enfermos de cancro e centrado tanto no tratamento como na prevención da enfermidade.

María Balado, experta no tema, é a encargada de impartir o curso, que terá lugar cada mércores de 17:00 horas a 19:00 horas durante un mes completo. Cabe destacar que Balado preparou cremas para cada usuaria coa finalidade de que obteñan unha maior protección na súa pel.

Esta colaboración xurdiu por parte de María Luisa Sobrino, delegada da Asociación Española contra o Cancro en Monforte de Lemos. A Apehl, ante esta iniciativa, púxose á súa total disposición, xa que a prevención e información sobre esta enfermidade é elemental para calquera persoa.