APEHL

A hostalería celebra os seus Premios Nacionais mirando ao futuro do sector

17.11.2021. Hostelería de España celebrou esta mañá en Madrid a súa tradicional gala para entregar os galardóns da décimo quinta edición dos Premios Nacionais de Hostalería.

Nesta edición dos Premios, tras máis de ano e medio de pandemia, buscouse recoñecer o esforzo que o sector hostaleiro ha demostrado neste tempo e que esta gala servise tamén como espazo de encontro e punto de inflexión para comezar a construír o camiño da recuperación da hostalaría, unha luz de esperanza tras meses de duras restricións, que ten aínda asuntos importantes por resolver como o vencemento dos créditos ICO ou a chegada das axudas aos hostaleiros nas CC. AA.

O evento, que se celebrou no CaixaForum de Madrid, reuniu a hostaleiros, empresarios, cociñeiros, xornalistas e entidades, que apostan por potenciar e mellorar o sector, construíndo o seu futuro desde a excelencia, a innovación e a dedicación.

Os premiados, referentes nas súas categorías a nivel rexional, estatal e internacional, foron elixidos por un xurado profesional, formado por empresarios do propio sector, sendo estes galardóns uns dos máis reputados da industria.

Nesta décimo quinta edición entregáronse 16 premiados e o presidente de Apehl, Cheché Real, entregou o galardón a Pescanova:

  • Premio empresaria hostaleira: Aurelia Matellán, Zamora
  • Premio empresa hostaleira: Grupo Salamanca, Barcelona
  • Premio á empresa hostaleira comprometida coa responsabilidade social: Grupo Quebec, Cantabria
  • Premio á empresa hostaleira comprometida coas persoas con discapacidade: Els Magazinos, Denia
  • Premio á empresa hostaleira destacada en innovación: Grupo La Ancha, Madrid
  • Premio á empresa hostaleira destacada na promoción da cultura e a gastronomía española: Tierra Astur Sidrerías, Asturias
  • Premio á empresa hostaleira comprometida coa sostibilidade: La Pequeña Taberna, Murcia
  • Premio cociñeiro empresario: Andoni Luis Aduriz
  • Premio á  internacionalización: Dabiz Muñoz
  • Premio á concordia “José Luis Fernández Noriega”: 25 años de ALEH (Acuerdo Laboral Estatal de Hostelería)
  • Premio á persoa pola súa contribución á mellora do sector: Antonio Garamendi
  • Premio á labor de difusión de comunicación: Federación de Asociaciones de Periodistas de España
  • Premio á entidade ou institución: Comunidad de Madrid
  • Premio á empresa provedora: Pescanova
  • Premio á labor formativa: Repsol
  • Premio á promoción asociativa no sector: Alex Fratini, Benidorm