APEHL

A hostalaría apágase ante a crise enerxética

  • As protestas, organizadas por asociacións hostaleiras, realizáronse en 28 provincias.
  • A porcentaxe de subida do recibo da electricidade, que dependerá do tamaño e tipo de negocio hostaleiro, podería situarse de media entre un 200%-400%.
  • Reclaman maiores fontes de enerxía renovable e autoconsumo, así como de fórmulas de contratación máis flexibles.

08.11.2022. Ante a situación de extrema gravidade que atravesan a maioría dos establecementos de hostalaría en España, debido á alza de prezos, liderados pola electricidade e o gas, o sector de hostalaría, leva a cabo un apagón simbólico da luz dos establecementos de hostalaría de puntos emblemáticos de diferentes cidades españolas: Granada, Córdoba, Ciudad Real, León, Murcia, Málaga, La Rioja, Alicante, Almería, Ávila, Sevilla, Lleida, Zaragoza, Teruel, Asturias, Lugo, Salamanca, Segovia, A Coruña, Huelva, Cádiz, Jaén, Cantabria, Cuenca, Cáceres, Badajoz, Valencia e Huesca.

En Madrid, o acto de protesta tivo lugar na Praza Maior onde se apagaron, durante 5 minutos, as luces de todos os establecementos hostaleiros da praza e os representantes das organizacións convocantes leron un manifesto onde se recollen as medidas que demanda o sector.

Durante 2022 vivimos unha escalada dos prezos, que en xullo alcanzou un aumento na súa taxa interanual de ata o 10,8%, o máximo alcanzado e 10,5% en agosto, encadeando tres meses consecutivos con incremento porcentual a dobre díxito. En setembro o IPC situouse en 8,9%. En concreto, os prezos da electricidade que escalaron ata o seu máximo en marzo (107,8%), e continúan subindo a dobre díxito, cun incremento en setembro dun 20,2% lideraron os incrementos dos custos nos locais de hostalaría.

A subida da electricidade é o punto de máis preocupación xa que é un gasto básico que non se pode eliminar, do que depende o funcionamento das cámaras frigoríficas, así, como a calefacción/aire acondicionado, a iluminación ou o uso das placas de indución.

O custo medio dun local de restauración pode situarse actualmente en franxas de entre 3.000 e 6.000 euros, en función do tamaño e os servizos que se realicen. Deste modo, a porcentaxe de subida do recibo da electricidade dependerá do tamaño e tipo de negocio hostaleiro, que podería situarse de media entre un 200%-400%. A enerxía representa aproximadamente o 20% dos custos dun negocio hostaleiro.

O perfil de consumo heteroxéneo, polo que esixe a adopción de medidas diferenciais segundo as tipoloxías e franxas de consumo (fines de semana, ocio nocturno…). Ademais, obrígaselles a pagar a tarifa máis alta nas horas de maior produción xa que non teñen a opción de mover os consumos en tramos horarios máis baratos, como pola noite. Por iso é tan importante dispoñer de maiores fontes de enerxía renovable e autoconsumo, así como de fórmulas de contratación máis flexibles.

Nos últimos anos o sector hostaleiro realizou accións de mellora e eficiencia no consumo, pero fixéronse sen axudas nin apoios para a reconversión de instalacións e equipos. Tampouco se dispuxo de axudas para a implantación de fontes de enerxía renovables e sistemas de autoconsumo.

Neste sentido presentan unha serie de medidas como revisar e modificar o sistema de cálculo de tarifas, dispoñer dun estatuto similar ao do consumidor electro intensivo, eliminar peaxes e buscar fórmulas de contratación adaptadas á realidade.

Por outro lado, tamén se pide a posta en marcha de bonos eléctricos, aplicando os remanentes das axudas COVID-19 ao sector, non aplicadas, e valoradas nestes momentos en 3.000 millóns de euros.

En materia impositiva, solicitan unha rebaixa dos impostos eléctricos, establecendo suspensións temporais, moratorias e aprazamentos.

Por último, piden avais públicos para poder acceder a compras de suministros renovables a longo prazo por parte de grupos de usuarios. Así como promover os sistemas de compra agrupada e subastas de contratación no sector.

Ao igual que outras organizacións do territorio nacional, Hostelería de Galicia adhírese ao manifesto e ás medidas propostas por Hostelería de España, ante a grave situación que está atravesando o sector.