APEHL

A ocupación hostaleira en Galicia rexistrou unha media do 83,69 % durante os dous meses de verán

31.08.2022. Hostalería de Galicia, integrada polas asociacións provinciais de hostalería da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, expón os datos de ocupación real deste verán en Galicia e as previsións durante o mes de setembro.

Con respecto ao mes de xullo, a provincia mellor situada foi A Coruña, cun 86,80 % de ocupación, mentres que en Pontevedra foi do 80 % e, en Lugo, do 77,15 %. A provincia de Ourense alcanzou durante o verán unha media do 80 %, o que supón que a media de ocupación en Galicia en xullo fora do 80,98 %.

O número de turistas durante agosto incrementouse en todas as provincias. A Coruña e Pontevedra alcanzaron o 90 % de ocupación, mentres que Lugo se situou nun 85,60 % e Ourense roldou o 80 %. Así, a media rexistrada foi dun 86,40 % de ocupación en Galicia durante o segundo mes de verán.

As previsións do mes de setembro auguran un descenso do turismo en comparación cos meses anteriores. Para A Coruña, espérase unha ocupación do 60,80 %, cifra que supera Pontevedra, onde os datos apuntan á toma de aloxamentos do 72 % e, pola súa parte, Lugo agarda unhas cifras máis baixas, cun 52,50 %.