APEHL

A ocupación hoteleira no centro de Lugo rondou o 88 % neste Arde Lucus

21.06.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus.

A ocupación nos establecementos do centro da cidade chegou ao 72 % durante o venres e alcanzou o 87,5 % o sábado. 

A porcentaxe foi menor no resto de hoteis, pouco próximos ao casco histórico da cidade, onde o venres se rexistrou un 55 % de ocupación e o sábado, un 58,7 %. 

O presidente da  Apehl recoñeceu que "a afluencia de visitantes, aos actos e aos establecementos de hostalería, non foi a mesma que en anos normais”. Aínda así, opina que aportan "esperanza na recuperación".