APEHL

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo alcanzou o 86 % durante esta ponte festiva do Día de Galicia

26.07.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) publicou os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, que alcanzou una media de un 86 % de ocupación.

A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 95 % de ocupación, máis do previsto. Lugo capital, pola súa parte, logrou o 73 % e, A Mariña, o 90 %, tamén máis do esperado.

A meirande parte das persoas que escolleron a provincia de Lugo para pasar a ponte eran de orixe nacional e predominaron as reservas de última hora.

Ademais, desde a Apehl destacan que o sábado, 23 de xullo, foi o día con máis afluencia de xente.