APEHL

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo chegou ao 87 % durante esta ponte do Pilar

13.10.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva alcanzando unha media dun 87 % de ocupación.

A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 93 % de ocupación. Lugo capital logrou o 85,20 %, A Mariña alcanzou o 85 % e a zona centro, o 84,50 %.

Desde a Apehl destacan que o sábado 9 de outubro a gran maioría dos establecementos da provincia estiveron ao 100 % de ocupación.

Os hostaleiros consultados sobre este balance da ponte coinciden á hora de afirmar que a redución das restricións relativas á pandemia e o bo tempo previsto foron as claves destes bos resultados no número de visitantes.