APEHL

As Asociacións provinciais de hostalería galegas solicitan a nulidade das novas restricións ao TSXG

17.08.2021. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fan público que a Asociación Provincial de Hostalería da Coruña, en nome das catro Asociacións provinciais de hostalería de Galicia, presentou un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG) a través do cal “solicitamos a nulidade das novas restricións que entraron hoxe en vigor con base en que a curva de contaxios xa está a decaer e as medidas son extemporáneas”, subliña Cheché Real, presidente de Apehl.

“Tamén solicitamos que, en caso de non anular as restricións, se levante a limitación de aforamentos en terrazas, como xa prometera a Xunta de Galicia, cando se pactou a aplicación do certificado COVID”, engade Real.