APEHL

Os restaurantes lucenses España e Nito manteñen os seus dous Soles Repsol en 2021

13.04.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) felicita aos dous restaurantes lucenses, España, en Lugo, e Nito, en Viveiro, que manteñen os distintivos de Repsol neste 2021, dous Soles en cada caso, que garanten a súa calidade e nivel gastronómico.

Tras a celebración no día de onte da gala de entrega destes premios en San Sebastián, o presidente da Apehl, Cheché Real, quere facer pública a súa felicitación a estes dous establecementos de hostelería da provincia que “seguen dando tantas alegrías culinarias aos seus clientes. Esta información é digna de subliñar porque estes galardóns repercuten de maneira individual, pero tamén promoven o recoñecemento de todo o sector e a promoción de toda a nosa provincia”.