15.09.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse ao Concello de Lugo para solicitar unha ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante a celebración do Caudal Fest.
A asociación recibiu a autorización para esta ampliación de horario de peche dos establecementos de Lugo, en dúas horas máis do establecido legalmente e con motivo do festival de música Caudal Fest, que terá lugar esta fin de semana, para a noite do 15 ao 16 de setembro e a noite do 16 ao 17 de setembro de 2023.